Sede Central de AGADEA
Santiago de Compostela
Rexistro Sanitario: C-15-003510
Rúa de Salgueiriños de Abaixo, 15
15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
t. 981595738 – 647589725
HORARIO:
de 09.00h a 14.00h e de 16.00h a 20.00h (luns, martes), de 08.00h a 20.00h (mércores) e de 08.00h a 16.00h (venres)

As Traballadoras Sociais de AGADEA atende nas oficinas da Asociación a todas aquelas persoas que así o soliciten, tanto se o fan acudindo en persoa, como por teléfono.
O primeiro paso deste programa é analizar a situación da posible persoa usuaria e do seu familiar con demencia. A traballadora social é a encargada de realizar a acollida e esta primeira entrevista.
Posteriormente proporcionase información básica sobre a enfermidade de Alzheimer ou outras demencias e sobre os recursos socio-sanitarios existentes tanto a nivel público como privado e facendo fincapé nos propios da Asociación. Son varias as intervencións que se poden derivar desta entrevista inicial:
• Atención psicolóxica individualizada ou grupal para o coidador
• Cursos de formación para coidadores sobre aspectos específicos da enfermidade e os coidados
• Asesoramento Xurídico
• Ingreso nas unidades terapéuticas…
O 9 de decembro de 2014 outorgouselle a AGADEA en Santiago a acreditación de inscrición no rexistro de Centros, servicios e establecementos sanitarios co número C-15-003510 por parte da Conselleríade sanidade da Xunta de Galicia. Rexistro sanitario