centro-ribeira-dia

Centro de Día Alzheimer de Ribeira

Ribeira

Rexistro Sanitario: C-15-002952

Rúa Cardenal Cisneros, 1 (entreplanta)
15960 Ribeira (A Coruña)
T.  672 705 053
cdiaribeira@xunta.gal
HORARIO
LUNS A VENRES
9.00 A 19.00 HORAS.
PRAZAS: 35

Dende o 26 de xullo do ano 2010 AGADEA xestiona o Centro de Día de Alzhéimer e outras Demencias Neurodexenerativas de Ribeira, con 35 prazas que foron adxudicadas a día 13 de abril de 2016, pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, tras a renovación da concesión dos servizos de atención diúrna a AGADEA. O ámbito de intervención do Centro de Día céntrase no Concello de Ribeira e comarca do Barbanza.

O 12 de marzo do 2013 outorgouse a autorización Sanitaria de funcionamento, así como a acreditación de inscrición no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios co número C-15-002952 por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.