As traballadoras de atención directa de AGADEA recibiron a primera dose da vacina contra a COVID-19.  Os mesmo tempo comezou na Área Sanitaria de Santiago e Barbanza unha xornada piloto da vacinación fronte á covid a maiores de 80 anos,

Nesta semana, un equipo de 10 traballadores de servizos xerais e un coordinador empezaron a contactar con máis de 34.000 octoxenarios que restan por vacinar na área sanitaria compostelá, e que se sumarán aos máis de 3.000 maiores de máis de 80 anos xa vacinados nas residencias sociosanitarias.

O persoal de enfermería dos 8 equipos de vacinación da área desprazaranse, a partir do luns 22 de febreiro de xeito paulatino, aos 16 puntos de vacinación nos que ata o venres da próxima semana citaranse a uns 5.500 usuarios maiores de 80 anos.