A concelleira de Políticas Sociais do concello de Santiago, Milagros Castro e a de Acción Cultural, Mercedes Rosón recibiron hoxe da man da presidenta de AGADEA ALZHEIMER, Isabel Gey e dun grupo de usuarios unha mostra dos marcapáxinas poéticos cos que a entidade agasallou as librerías galegas con motivo do Día do Libro, que se celebra mañá sábado. Pola súa banda o alcade de Vedra, Carlos Martínez e a concelleira de Benestar Social do concello de A Estrada, Amalia Goldar tamén recibiron os nosos marcapáxinas.

Os usuarios dos centros de Santiago, Ribeira, Vedra, Teo, Trazo e A Estrada realizaron un total de 350 marcapáxinas nos seus talleres de Laborterapia. Neles aparecen poesías de autores galegos como Florentino Delgado Gurriarán, Xohana Torres, Amanda Plaza, Clara Vidal, Baldo Ramos, Xosé Luna, Susana Perol e Raúl Bouzón, entre outros. Esta actividade permítiunos achegarnos e adicar tempo a ler poesía e tamén a espallala entre o público en xeral.

Foron os mesmos usuarios os levaron os marcapáxinas as librerías socializando cos veciños e veciñas do comercio local e agora serán eles os que no Día do Libro repartan estes agasallos entre todos os que se acheguen as súas librerías.

Esta iniciativa foi moi ben acollida entre os establecementos. Tan só en Santiago de Compostela participaron 19 entre eles Papelería Xaquín, Libraría Numax, Casa del libro Santiago, Libraria Couceiro, Libreria Mayso, Follas Vellas, Tirana, Re-read, Aenea, Pedreira, komic, Gallaecia Liber, Escolma, Astora Cómics, Alita Cómics, San Pablo, Palacios, Cronopios.

Pola súa banda dende o Pazo de Raxoi agradeceron e alabaron a potenciación da lectura e a interrelación coa sociedade levada a cabo por AGADEA.