AGADEA presentou o traballo ‘Experiencas Positivas. Intervención individualizada durante o confinamento’, nas as XVIII Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL, celebradas o 17 de outubro a través da plataforma Zoom.

Nesta exposición puxo de manifesto as preto de 4.500 intervencións levadas a cabo durante o confinamento por parte da entidade. A relatora da intervención, Alba García, contou as máis de 180 persoas conectadas a xornada, a experiencias das traballadoras e as familias durante o período comprendido entre o 11 de marzo e o 20 de xullo.

Pódese ver a intervención completa no documento adxunto.

Este encontro tamén serviu para crear lazos de comunicación con asociacións doutros países, como Irlanda, Francia e Portugal, que compartiron os presentes as súas iniciativas.