AGADEA ALZHEIMER convoca a todos os socios/as da entidade a acudir o luns, 10 de xuño de 2019 á Asamblea Xeral Ordinaria da entidade que terá lugar na sede da asociación (rúa Salgueiriños de Abaixo Nº 15, Santiago de Compostela), ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda convocatoria.

A orden do día será a seguinte:

– Lectura e aprobación, se procede da acta da Asamblea anterior.

– Presentación da memoria de actividades e balance económico do ano 2018

– Liñas de traballo para o ano 2019

– Rogos e preguntas

Este mesmo día, 10 de xuño e na mesma sede de AGADEA, ás 21.00 horas en primeira convocatoria e as 21.30 en segunda, convócase unha Asamblea Xeral Extraordinaria coa seguinte orde do día: Modificación dos Estatutos.

Lembramos a importancia de acudir ás mesmas para manterse informado. Máis información nos pdf adxuntos.