O mércores 16 de Setembro de 2020, na sede de AGADEA, na Rúa dos Salgueiriños de Abaixo Nº15 Baixo 15704 en Santiago de Compostela, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda, celebrarase a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da Asociación Galega para  Axuda  dos  Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA ), coa seguinte

                                                   ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
  2. Presentación da memoria de actividades e balance económico do 2019
  3. Liñas de traballo para o ano 2020
  4. Rogos e preguntas.

AFORO LIMITADO. Debido á situación de pandemia todas as persoas asociadas que desexen participar deben confirmar a súa asistencia:

Teléfono: 647 589 725

Correo: agadea@agadea.org

*Uso de máscara obrigatorio durante a asemblea