AGADEA abrirá o 3 de febreiro deste 2020 o seu primeiro CENTRO DE DÍA en Santiago de Compostela. Está situado ao carón da sede, na rúa Salgueiriños 15 b, e conta con 26 prazas dispoñibles para a atención integral a persoas maiores e en situación de dependencia. Estará atendido por persoal especialidazo e con ampla experiencia que traballarán por manter ou mellorar o nivel de autonomía de cada persoa usuaria.

Conta cun amplio horario, de 09.00 a 20.00h, ben en media xornada ou xornada completa. Ademais pode ser adaptado perfectamente ás necesidades de cada familia. 

Entre os seus servizo está o de transporte adaptado e dende AGADEA facilítase a tramitación da axuda por dependencia. 

Os vindeiros días 20 e 22 de xaneiro haberá unha Xornada de Portas Abertas, en que todos os interesados e sen necesidade de cita previa, poden achegarse ao Centro e coñecer as instalacións.