Para celebra o Día Mundial do Alzhéimer, Agadea organiza unha serie de Mesas Informativas que se van colocar en vilas e cidades, como Santiago, Vedra, A Estrada e Ribeira. O acto central será o vindeiro sábado 22 de setembro no Mercado de Abastos de Santiago. Alí os praceiros e praceiras ‘vestirán’ un mandilón de Agadea e ademais repartíranse centos de bolsas da comprar entre o público da zona.  Ao acto asistirá a concelleira de Políticas Sociais, Concepción Fernández e a presidenta de Agadea Isabel Gey. Tamén están invitados todos os membros de Agadea así, como o público en xeral.