Un ano máis AGADEA abre a súa Escola de Familias. Trátase dun programa dirixido pola psicóloga da asociación que busca aportar coñecementos útiles e aplicables na vida cotiá dos familiares que conviven cunha persoa afectada. As sesións están orientadas a abordar dous dos principais problemas que nos achegan as persoas coidadoras: problemas de comunicación e o manexo dos trastornos de conduta.

Vaise levar a cabo no Centro de día de Alzheimer de Ribeira. E xa están abertas as inscrición.

Teléfono de consultas:  672 705 053

Ademais os coidadores tamén contarán con servizo de formación, no que se se trata de formar a través de faladoiros con persoal especializado.