A este certame literario poderanse presentar todos aqueles textos orixinais e inéditos pertencentes a calquera dos xéneros propios da literatura infantil dende novela, poesía, teatro, álbum ilustrado, banda deseñada e novela gráfica, escritos en lingua galega. Non ten límite mínimo nin máximo de palabras, pode ser unha obra conxunta.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 15 de agosto de 2022.

O xurado, formado por profesionais do eido literario, darán a coñecer o seu veredito nunha gala que se celebrará o 21 de setembro, con motivo do Día Mundial do Alzhéimer.
O galardón está dotado con 3000 €. AGADEA anunciou que comprará 100 exemplares, para a axuda á edición, que queda aberta a calquera editorial.

Este certame nace da necesidade da existencia en galego de textos de calidade literaria pensado para os máis pequenos, coa temática do Alzhéimer.

BASES DO PREMIO premer aquí

Para máis información contactar con comunicacion@agadea.org

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín Gómez anímavos a participar neste vídeo.