O venres 24 de agosto de 2018, tivo lugar a 3ª Andaina Solidaria co Alzhéimer, promovida por AGADEA.

Nesta 3ª edición podemos asegurar que se consolida esta cita anual, na que ao igual que nas pasadas edicións foron desbordadas todas as espectativas.

Finalmente, ás 21:00 horas, baixo as instrucións de Eduardo Iglesias de Arousa NeO, tomaron saída ao ritmo das gaitas da Agrupación Folclórica Chorimas de Queiruga máis de 250 participantes.

O percorrido, guiado por persoal de AGADEA, Arousa NeO, Sachacamiños e Asc. De Veciños de Carreira, transcorreu polo alto do Miradoiro da Garita e as parroquias de Castiñeiras, Aguiño e Carreira. Ao longo do mesmo, conxugáronse diversas contornas (monte, praia, aldea e cidade) que fixeron as delicias dos participantes.

Os camiñantes na modalidade curta, tras preto de 3 quilómetros polo entorno da garita, puideron desfrutar na Praza de Pablo Neruda da película “Engurras”, coa colaboración de Musieventos.

Por outra parte, os participantes na ruta longa (10 quilómetros), desfrutaron dun animado avituallamentos sólido e líquido na antiga fábrica de salgado de Castiñeiras. Entorno ás 11:30 horas facían a súa entrada na Praza de Pablo Neruda, cun caluroso recibimento dos presentes, e onde lles esperaba o tradicional avituallamento final, con carrapito, empanadas, bocadillos e doces.

Como culme do evento Isabel Gey (Presidenta de AGADEA) e Noelia Riaño (Directora do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira), mostraton os seus agradecementos aos presentes e a todos os colaboradores e patrocinadores do evento, e deron paso a unha proxección de peche, na que se mostrou aos asistentes o día a día do Centro de Alzhéimer de Ribeira. ​

** Podedes ver todas as fotos da Andaina no noso Facebook (clicade aquí)