Hoxe noso Centro de Día de #Ribeira foi o escenario dunha visita institucional. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, xunto coa directora xeral de Patrimonio Natural, María Sol Díaz, e a dirección do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, encabezada polo director conservador, José Antonio Fernández Bouzas e a directora adxunta, Montserrat Martínez Morán, presentaron nas nosas instalacións a convocatoria de axudas do Parque Nacional Illas Atlánticas para 2025 e compartiron tempo e espazo coas persoas usuarias do centro e as profesionais de Agadea que traballan con elas.
O Centro de día de Agadea en Ribeira pertenece á Rede Pública Autonómica de Centros de Día de Atención Social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas e a Consellería escolleu nosas instalacións para a presentación da convocatoria de axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional para o ano 2025.
Durante a visita, destacouse a colaboración entre Agadea e o Parque Nacional, especialmente no proxecto ‘Un Camiño de Lembranzas’ de 2024. Este proxecto interxeracional reuniu a persoas maiores dos nosos talleres de Envellecemento Activo e Cultiva o Corpo con nenos e nenas de primaria de varios colexios de Ribeira.
Chus Senín e Rosa Pedrosa, membros da Xunta Directiva da asociación, destacaron durante a visita “o esforzo compartido e posta en valor do noso patrimonio natural e cultural, así como no desenvolvemento de proxectos que promoven a inclusión, a cohesión social e o benestar das persoas».