0 12 de novembro tivemos unha das sesións artísticas terapéuticas de #ArteVivo no marco do proxecto #ElProyectoDeTodos de CaixaBank Acción Social que desenvolverase ata xuño de 2025.
As persoas voluntarias de CaixaBank Acción Social puideron compartir xunto as persoas usuarias do Centro Terapéutico de Salgueiriños en Santiago de Compostela dunha sesión musical co obxectivo de promover a estimulación cognitiva e emocional.
A actividade ‘Arte Vivo: Expresión Artística’ ten como obxectivo principal promover o envellecemento activo a través da participación en actividades artísticas como a danza, o canto e a interpretación teatral.
Esta iniciativa é unha terapia innovadora, saíndose dos canons marcados da estimulación tanto física como cognitiva, ademais dunha forma de desconexión das situacións que viven no día a día as persoa coidadoras e as persoas afectadas en fases iniciais de demencias, así como unha forma diferente de executar talleres de envellecemento activo.
O envellecemento activo é esencial para promover a participación continua das persoas maiores en actividades sociais, económicas, culturais e cívicas.