O obxectivo principal do proxecto era compartir os coñecementos útiles e necesarios na vida cotiá dos familiares que conviven cunha persoa con diversidade ou deterioro, ofrecéndolles ferramentas e recursos para afrontar o seu día a día.

Agadea, en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Local Deloa, AMBAR e MISELA, celebraron as tres xornadas previstas no marco do proxecto de traballo en rede ENREDAD@S na comarca de Barbanza (Boiro e Ribeira). Uha primeira xornada vivencial entre as persoas usuarias dos diferentes recursos das entidades e dúas xornadas formativas para as familias das persoas usuarias. Coordinado todo por profesionais das difererentes entidades.

O obxectivo principal do proxecto era compartir os coñecementos útiles e necesarios na vida cotiá dos familiares que conviven cunha persoa con diversidade ou deterioro, ofrecéndolles ferramentas e recursos para afrontar o seu día a día.

Profesionais na materia compartiron información de primeira man sobre a detección precoz, orientación nos trámites administrativos e boas prácticas sobre coidados, xerando un espazo onde os familiares das persoas con limitacións aprendan
estratexias que faciliten a súa convivencia diaria cunha persoa coas mesmas necesidades así como é a xestión das
emocións derivadas do seu rol como persoa coidadora.

As esixencias de coidados continúos prolongados xeran nas persoas coidadoras e nas familias situacións de estrés que poden derivar en problemas psicolóxicos, físicos e económicos. A través do ciclo de charlas, preténdese reducir esta problemática e propiciar que a familia poida exercer os coidados sobre o doente pero á vez aumente a súa calidade de vida.