Santiago de Compostela será a partir de mañá o epicentro dunha das iniciativas máis innovadoras e conmovedoras no ámbito da demencia: a segunda edición do evento Walking the Talk for Dementia (WTD). Este encontro internacional, combina a experiencia do Camiño de Santiago cun simposio de alto nivel unindo a afectados pola demencia con científicos, profesionais e familias.
O evento, organizado polo xornalista brasileiro Fernando Aguzzoli-Peres, AGADEA ALZHEIMER SANTIAGO, coa colaboración de FAGAL, e o apoio científico da Universidade de Santiago de Compostela, reúne a persoas do ámbito da demencia de 26 países, entre eles Arxentina, Estados Unidos, Australia, Brasil, Inglaterra, Escocia, Irlanda, Canadá, Costa Rica, Australia, Perú e Portugal. Entre os participantes atópanse figuras destacadas como Paola Barbarino de Alzheimer’s Disease International e Ian Fyfe, editor xefe de Nature Reviews Neurology.
Un Roteiro de Conciencia e Colaboración
Mañá levará a cabo a primeira etapa do Camiño de Santiago, entre Sarria e A Pena no que será un espazo de diálogo e colaboración internacional e na que participarán 80 persoas. A culminación do percorrido producirase o xoves 29 de agosto, cando os camiñantes sexan recibidos en Monte do Gozo, por máis de 200 familias procedentes de toda Galicia. Virán autobuses de Ribeira, A Estrada e de Santiago e representantes de Chantada, A Coruña, Cee, entre outros.
Este evento non é só unha camiñada; é un símbolo da necesidade de avanzar xuntos na loita contra a demencia.
O Simposio: Ciencia e Experiencia na Loita Contra a Demencia
O simposio, que terá lugar o 30 e 31 de agosto, contará con relatorios e mesas redondas sobre temas cruciais como a detección temperá da demencia, a creación de comunidades amigables coa enfermidade e os desafíos na integración do sistema sanitario. A USC actúa como o principal colaborador científico do evento.
Taida Sánchez, neuropsicóloga de AGADEA, será unha das voces locais que participará no simposio, compartindo a súa experiencia sobre o Alzheimer en zonas rurais de Galicia.
PLANING DO CAMIÑO
LUNES 26 DE AGOSTO. Etapa 1 de Sarria a A Pena (9Km)
8.00h. Saída dende o centro AGADEA LAB
9.45h. Punto de encontro: Hotel Alfonso IX de Sarria – https://acortar.link/Va9Ooe
10.00h. Comenza o Camiño (9 km. Aprox. 3 horas)
13.00h. A Pena. Punto da carretera LU-633 – https://goo.gl/maps/dudeMy2kMRE8H5iM8
14.00h. Restaurante Casa Chelo – https://acortar.link/tdxndY
16.00h. Volta para Santiago
16.30. Chegada aproximada
MARTES 27 AGOSTO. Etapa 2 de Casanova a Melide (11 km)
9.00h. Saída de AGADEA LAB
10.00h. Punto de encontro Casanova. Comeza o Camiño. https://goo.gl/maps/iKHFb8iJeCHQVqRg7
*O bus estará neste punto intermedio por si alguén precisa deixar de camiñar:
12.00h. Pulpería Garnacha en Melide https://acortar.link/LLf3rz
16.30h. Chegada aproximada a Santiago
MÉRCORES 28 DE AGOSTO. Etapa 3. Ponte Ferreiros a Pedrouzo (11km)
9.00. Saída AGADEA LAB.
9.30. Punto de encontro. Furelos https://goo.gl/maps/mCZFyGN5jgMHyWqQ9
Bus neste punto intermedio: https://goo.gl/maps/eX6gaL3FgRnZJMj27
13.00. Restaurante Che en Pedrouzo
16.30. Viaxe de volta.
XOVES 29 DE AGOSTO. Etapa 4. Monte do Gozo -Obradoiro
Bus de Santiago. 10.00h dende Fray Rosendo Salvado e CABES
Bus de Ribeira. 9.30h Parque García Bayón
Bus da Estrada. 10.00h. Praza do concello.
11.00h Comenza o Camiño
13.00h. Dársena de Xoán XXIII. Regreso