O Walking the talk for Dementia (WTD) é o evento sobre demencias que reúne a persoas afectadas, profesionais e científicos de todo o mundo no Camiño de Santiago.

O WTD 2024  celébrase do 26 ao 31 de agosto. O xoves 29 de agosto está prevista a realización do último tramo do Camiño e chegada a Santiago de Compostela. Este ano as andainas de A Estrada e Ribeira uníranse a este grupo internacional para formar unha gran marea pola demencia.

ANDAINAS DO XOVES 29 DE AGOSTO.

HORARIO:

  • Saída do autobús gratuíto dende as distintas zonas a San Marcos, no Monte do Gozo.
  • 11.00 h. Saída da ermida de San Marcos ata Praza do Obradoiro nunha ruta de baixa dificultade de 5 quilómetros
  • 13.00 h. Saída do autobús da dársena de Xoán XXIII e regreso a lugar de orixe

Para favorecer a organización precisamos ter unha previsión de asistencias. Agradecemos que vos apuntedes neste formulario antes do 22 de xullo.

A Estrada: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScc_nXwYuHxZksk5-zvAX0pLHb0t1pYswWiIOLNl4MvxR6RQQ/viewform

Ribeira: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeJ3DHCBy3KbI7n6ZtvtRgMLSs3cvLGyKyAohPalcQ0Tcd1KA/viewform