Un grupo de voluntariado de CaixaBank, liderado por Paula García e Gonzalo Balseiro, visitou AGADEA Alzheimer para coñecer de preto os proxectos conxuntos que ambas as entidades desenvolvemos nos últimos anos.
O equipo, composto por voluntarios de toda Galicia, tivo a oportunidade de mergullarse no innovador mundo da Realidade Virtual Inmersiva, explorando as aplicacións para a estimulación e mellora da motricidade. Os voluntarios non só aprenderon sobre esta tecnoloxía, senón que tamén se atreveron a probala, experimentando en primeira persoa as emocionantes posibilidades que ofrece.
Ademais da demostración de realidade virtual, o grupo visitou o centro do Ensanche de AGADEA. Durante a súa estancia, os voluntarios conversaron cos maiores, participando activamente nas terapias de estimulación cognitiva. Este intercambio foi sumamente enriquecedor tanto para os voluntarios como para os usuarios do centro, creando un ambiente de aprendizaxe e colaboración mutua.