Agadea, xunto a outras organizacións sociais e institucións públicas, organiza durante os próximos meses unha serie de obradoiros formativos sobre ferramentas da intelixencia emocional, chaves para mellorar a calidade de vida das persoas con Alzheimer a través dunha alimentación adaptada, réxime legal das medidas de apio ás persoas con discapacidades derivado da nova Lei 8/2021 e musicoterapia.

Os obradoiros analizarán o significado da reflexión dende a súa influenza interna e externa nos nosos comportamentos, as implicacións e condicionantes da alimentación en persoas con alzhéimer e como informar dunha maneira máis cercana, dinámica e accesible das medidas de apoio a familiares ou coidadadores, así como ao público en xeral dos cambios na normativa das persoas con demencia.