Agadea, xunto a outras organizacións sociais e institucións públicas, organiza o próximo 19 de marzo un obradoiro formativo sobre as chaves para mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer a través dunha alimentación adaptada a súas necesidades.
A xornada, de dúas horas de duración, analizará as implicacións da alimentación en persoas con alzhéimer, os tratamentos nutricionais, alimentación saudable, medidas hixiénico – posturais, o uso de espesantes e máis recomendacións nutricionais para mellorar a calidade de vida das persoas.