Tras vivir unha experiencia marabillosa co Proxecto medioambiental e interxeracional Camiño de Lembranzas, PNIllas Atlánticas- illa de Sálvora, ‘lanzamos’ este vídeo resumen en homenaxe a todos e todas as que formaron parte desta andaina.
Este proxecto foi subvencionado pola consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia e levado a cabo en colaboración co Parque Nacional das illas Atlánticas. Desenvolveouse co alumnado dos colexios de Palmeira, Heroínas de Salvora, Carreira e Sagrado Corazón de Castiñeiras e as persoas usuarias de AGADEA.
*Proxecto subvencionado ao abeiro da orde pola que se regulan as subvencións públicascon cargo aos orzamentos xerais do Estado na zona de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Altánticas de Galicia do exercicio orzamentario do ano 2023