AGADEA ALZHEIMER levou a cabo unha iniciativa solidaria esta semana ao repartir entre 85 comercios locais máis de 100 bólas decorativas de Nadal feitas a man polos usuarios da entidade nos seus talleres de laborterapia e máis de 1.000 etiquetas. Na Estrada participaron 33 comercios, na zona do Barbanza 26, en Santiago, Vedra, Teo e Cuntis, 27 comercios.
Un dos aspectos máis destacables desta campaña é que os agasallos foron entregados en persoa polos propios usuarios de AGADEA en cada un dos comercios. Isto non só contribúe á socialización dos usuarios, senón que tamén permite compartir o seu valioso traballo artesanal coas persoas que compran nestes establecementos. O consumidor final terá a sorte de recibir unha destas etiquetas de AGADEA no seu agasallo.
Para darlle aínda máis alcance a esta iniciativa, levou a cabo unha campaña de difusión nas redes sociais, co obxectivo de fomentar o apoio ao pequeno comercio e sensibilizar á poboación sobre a realidade do Alzheimer. A entidade destacou, de forma especial a importancia de "fortalecer os lazos das persoas maiores coa comunidade en a que viven" ademais de dar "maiorPalabras descoñecidas.