Nunha actividade interxeracional e de relación coa comunidade, preto de 200 persoas de AGADEA e alumnado do Barbanza, vestidos todos con camisetas conmemorativas do acto, gozaron hoxe dunha inesquecible visita á illa de Sálvora, situada no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
A actividade, organizada co obxectivo de fomentar a inclusión, promover o contacto entre distintas xeracións e concienciar sobre a importancia de coidar a contorna, realizouse no marco do proxecto Camiños de Lembranzas. Illas Atlánticas-Sálvora, que contou co respaldo do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, a través da Consellería
de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia.
Durante a xornada, os 101 alumnos dos colexios do Barbanza, CEIP de Palmeira, CEIP de Carreira, CEIP Heroínas de Sálvora, de Aguiño e Sacrado Corazón de Jesús de Castiñeiras, xunto con 13 profesores, tiveron a oportunidade de interactuar con máis de 80 persoas maiores pertencentes aos talleres de Envellecemento Activo e Cultiva ou Corpo que AGADEA ten en Santiago e Ribeira. Os maiores compartiron os seus coñecementos e experiencias, transmitindo así a importancia de protexer a contorna para as futuras xeracións.
Anteriormente, os membros de AGADEA visitaran estes colexios establecendo dinámicas e xogos para coñecer a flora e fauna da illa. Os participantes regresaron cunha maior conciencia sobre a importancia de coidar a contorna natural e con recordos inesquecibles dunha xornada chea de diversión e aprendizaxe.
Proxecto subvencionado ao abeiro da orde pola que se regulan as subvencións públicascon cargo aos orzamentos xerais do Estado na zona de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Altánticas de Galicia do exercicio orzamentario do ano 2023