A figura da persoa coidadora é clave para as persoas con discapacidade física e en situación de dependencia. Este traballo, que esixe dedicación e paciencia, tamén é duro fisicamente porque en ocasións require a realización de esforzo adicional para levantar aos pacientes, transferilos da cama á cadeira de rodas e ao WC, realizar cambios posturais para evitar a aparición de úlceras ou facer mobilizacións. A longo prazo, este sobre esforzo pode ocasionar ás coidadoras problemas de saúde de diversa índole. . “Cabe destacar, que en moitas ocasións, as propias coidadoras tamén sofren unha discapacidade”.
A través do plan ‘Concilia’ no rural imos cumplindo obxectivos como empoderar á persoa coidadora, coñecer a deterioración dunha persoa con Alzheimer, formar nas diversas formas de ergonomía e hixiene postural para previr e evitar lesións, dotar de información sobre axudas técnicas ás persoas coidadoras e adestrar á persoa coidadora en autocoidado e exercicio físico.

