O novo Servizo de Estimulación Terapéutica para persoas con demencia de Boiro continúa activo buscando mellorar a calidade de vida das familias da zona.
O obxectivo destas terapias, realizado en comparación co concello de Boiro, é retardar o deterioro que provoca a enfermidade traballando a memoria, a orientación e a linguaxe. Ao mesmo tempo estamos mellorando a súa calidade de vida e as relacións interpersoais. Unha intervención rápida vai permitir que as persoas respondan mellor ás terapias de estimulación cognitiva, que desenvolvan métodos de compensación , e que se ralentice o progreso da doenza.
Profesionais expertas de AGADEA son as encargadas destas terapias, que se desenvolven co apoio do departamento de Servizos Sociais do concello. As familias que forman parte de AGADEA contan, ademais, con servizos gratuítos, como asesoramento sobre trámites legais, información dos recursos sociais dispoñibles, Escola de Familias e formación, entre outros. De feito, neste mesmo mes estase levando a cabo un ciclo de charlas que ten como fin ‘coidar ao coidador’, outro dos eixes sobre os que xira o traballo da asociación.
