O Bosque da Lembranza medra xa no monte Gaiás despois de que un grupo de persoas maiores de AGADEA ALZHEIMER e alumnado do colexio Divino Maestro de Santiago plantaran un cento de árbores autóctonas en homenaxe ás persoas que sofren Alzheimer en Galicia.
Trátase de bidueiros, espiños, érbedos e carballos doados pola consellería de Medio Ambiente. Cada un dos cales leva o nome da cativada e dos maiores que os plantaron neste recanto cedido pola Cidade da Cultura e que entra a formar parte tamén do Bosque de Galicia.
Para levar a cabo esta acción estas dúas xeracións foron asesoradas por técnicos e técnicas de Seaga.
Esta acción está enmarcada dentro dos acto do Mes do Alzheimer.