Chegou o momento en que a comunidade mundial do Alzheimer se reúne para lembrarlle ao mundo a importancia de recoñecer a doenza, e de diminuír o estigma que acompaña á enfermidade.

Avogamos por iso durante todo o ano, pero en setembro, as nosas voces únense para aumentar o impacto na sociedade. Contamos con vós para que a nosa pegada sexa máis forte.💚

Axenda de actos de AGADEA

Venres, 1 de setembro, ás 22.30h, en Boiro

Espectáculo DeMente, de Fran Sieira

Pazo de Goiáns, en Boiro

Xoves, 7 de setembro, ás 19.00h, en Santiago

Inauguración da exposición ‘Entre Presenzas e ausencias’

Obras realizadas por Coidadores e enfermos de Alzheimer

Centro Sociocultural José Saramago de Vite

Venres, 8 de setembro, ás 20.00h, en Ribeira

VIII Andaina ‘Os Camiños da Memoria’ de Ribeira.

Parque García Bayón

Venres, 15 de setembro, ás 19.00h, en A Estrada

VII Andaina ‘Os Camiños da Memoria’ de A Estrada.

Praza do Novo Mercado

Martes, 19 de setembro ás 9.00h, en Santiago

Acción do ‘Día da boa xente’, da Fundación Carrefour

Mércores, 20 de setembro, ás 11.00h, en Santiago

O #BosquedaLembranza

Acción medioambiental e interxeracional de AGADEA

Cidade da Cultura

Xoves, 21 de setembro, Día Mundial do Alzheimer

Mesas informativas nas rúas

Actos no CHUS, Hospital do Barbanza e centro de Saúde de A Estrada

Venres, 22 de setembro, ás 11.00h, en Santiago

Entrega da II edición do Premio Simbad,

Biblioteca Ánxel Casal.

Xoves, 28 de setembro, ás 16.00h, en Santiago

Inauguración dos Faladoiros de AGADEA.

Outros actos:

Sábado, 16 de setembro, ás 19 h, en Santiago

Invitación á Gala de Fagal polo seu 25 aniversario

Auditorio de Galicia

Venres, 29 e sábado, 30, ás 18.30h en Santiago

Invitación de ‘Sensoxenoma’ aos concertos da Real Filharmonía de Galicia

Auditorio de Galicia