O municipio de Rianxo contará, a partir do próximo mes, cun centro terapéutico para proporcionar atención a persoas maiores que padezan deterioración cognitiva ou se vexan afectadas por demencias neurodegenerativas como o alzhéimer. Así o manifestou onte o alcalde, Julián Bustelo, que mantivo un encontro con integrantes da entidade Agadea para abordar esta cuestión. O rexedor subliñou que o obxectivo deste novo servizo, impulsado grazas á colaboración entre o Concello de Rianxo e a entidade Agadea, é o de retardar o avance da enfermidade. Entre os asistentes ao encontro figuraron, ademais do mandatario e integrantes de Agadea, a edila de Política Social, Ana Vidal, e a técnica de Servizos Sociais do Concello. As actuacións Por este motivo, os profesionais traballarán cos usuarios aspectos relativos á memoria, a orientación, a linguaxe e o cálculo. O que se persegue, apuntou Bustelo, é traballar a memoria, a orientación, a linguaxe e o cálculo. As actividades desenvolveranse no baixo do centro social do Liceo.