Hai uns meses AGADEA puxo en marcha o proxecto MULLERES COIDADORAS NA IGUALDADE, coa finalidade de poder mellorar a calidade de vida das coidadoras informais dun familiar dependente, ademais de fortalecer a súa rede social e crear unha identidade positiva e resiliente.

Un dos servizos que ofrece este proxecto é o de asesoramento xurídico, no cal se abordan tódalas preocupacións e formas nas que o entorno familiar da persoa dependente pode actuar ante asuntos legais.

As sesións son levadas acabo polo avogado Eduardo Jaime Porta Viú, quen conta cunha gran experiencia en materia civil, penal e laboral entre outras.

*Este proxecto está financiado pola conselleiría de Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia e por cofinanciado pola UE.