Hoxe amosamos os resultados do proxecto ‘Con Cuidados’, no que se usa a Realidade Virtual Inmersiva con fins terapéuticos. Ao acto acudiu á directora de CaixaBank en Ensanche, Paula García Gómez, a presidenta de AGADEA, así como persoas usuarias de AGADEA
Marisol e Consuelo, participantes neste proxecto conxunto con Fundación la caixa, compartiron as súas experiencias de estimulación e mellora da motricidade coas persoas asistentes ao acto.
O técnico do proxecto, Martín Fernández, puxo de manifesto os beneficios destas innovadoras terapias co aumento das capacidades funcionais dos participantes.
Ninguén quixo perderse a oportunidade de probar estes dispositivos, que ademais, permiten vivir experiencias emocionantes.

Por outra banda agradecemos a Pablo Campo Prieto PT PhD e José María Cancela, investigadores da Universidade de Vigo, polo seu apoio ao traballo técnico