Hoxe poñemos en marcha o noso ‘Programa de Rehabilitación integral para persoas con Alzhéimer’, financiado coa consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde.

Os beneficiarios deste proxecto son persoas con demencia ou enfermidade neurodexenerativa tipo Alzhéimer dos concellos rurais de Trazo, Vedra e Cuntis, A Estrada e parroquias do concello de Santiago de Compostela.  O número de persoas con algún tipo de demencia nestas zonas chega a case 3.000 persoas.

Mediantes este programa asistiremos a un grupo de persoas con deterioro leve, outro que se atopa nunha fase máis moderada e a un grupo de usuariso deterioro grave/severo, coa enfermidade máis avanzada, sen mobilidade, en posible encamamento, e con necesidade de intervencións e coidados sanitarios frecuentes.

O obxectivo é mellorar a calidade de vida e a calidade asistencial das persoas que sofren demencia tipo Alzheimer ou calquera outro tipo de enfermidade neurodexenerativa no rural e das súas familias e coidadores, a través do fortalecemento das alianzas entre as áreas sanitarias e as entidades sociais en intervencións duais.