Escola de Familia está resultando un éxito xa que nos permite contactar e respostar as dúbidas de máis de 18 persoas que se apuntaron ao programa.
Dende xaneiro, este grupo, acode unha vez á semana ao centro de día de AGADEA (Rúa Cardenal Cisneros (entreplanta) para as sesións que son impartidas pola psicóloga de AGADEA, Alba Iglesias.
Coa Escola de Familia, queremos ofrecer recursos, estratexias e ferramentas que respondan as necesidades dos familiares no seu carácter de coidadores informais, e con iso contribuír a mellorar as súas competencias técnicas, relacionales, emocionais, espirituais e éticas para un coidado san e de maior calidade dos seus seres queridos.