O Servizo de Estimulación Terapéutica de A Estrada, financiado pola Deputación de Pontevedra, conta con distintas actividades que se realizan coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas que sofren algún tipo de demencia neurodexenerativa, en especial as persoas que padecen a Alzhéimer.
Dentro do Servizo Específico de Estimulación Terapéutica ofértanse actividades como: terapias de Orientación a Realidade, actividades físicas, estimulación cognitiva, actividades lúdico-manipulativas e actividades extraordinarias e saídas culturais.
As actividades prográmanse e establécense en función das capacidades cognitivas das persoas que conforman o grupo. Unha das actividades da vida diaria que máis éxito está tendo é o Obradoiro de Cociña, na que as persoas usuarias demostran as súas capacidades e lembran accións cotidianas da súa vida.