AGADEA Alzhéimer conta dende o 11 de xullo cun Plan de Igualdade que foi aprobado de forma unánime pola comisión negociadora integrada por representantes da institución e que estará vixente durante 4 anos. O documento, que xa entrou en vigor, está encamiñado á consecución da igualdade real entre as persoas que integran a organización. O instrumento responde o marco normativo internacional, europeo e nacional e ao compromiso da institución para eliminar calquera tipo de discriminación respecto a selección e formación do seu persoal, as condicións salariais, de traballo e emprego, así como a ordenación do tempo de traballo e a conciliación desde a corresponsabilidade.
O documento é de aplicación para todas as persoas traballadoras, incluída a xunta directiva, e independentemente da relación contractual e das circunstancias profesionais e persoais das traballadoras e traballadores da entidade e estará vixente ata o 2026.