Co obxectivo de optimizar os servizos e fortalecer as capacidades dixitais dos maiores levamos a cabo a transformación dixital dos nosos centros de día. Así, co apoio da Deputación da Coruña, levamos a cabo a creación de tres aulas dixitais coas que racharemos a fenda dixital existente coas persoas maiores.
Os beneficios logrados con estas aulas dixitais implantadas nos centros de Salgueiriños-Santiago, Ribeira e A Estrada, son os seguintes:
• Xerouse novas terapias cognitivas a través das TICs.
• Conseguiuse mellorar a intercomunicación entre usuarios/as dos tres centros de día de AGADEA evitando o illamento xerado tras a pandemia de COVID 19.
• Alcanzouse a reducir os tempos de resposta nas distintas necesidades dos tres centros de día de AGADEA.
Tamén se creamos o laboratorio AGADEA Design Thinking, espazo que se centrou no desenvolvemento cognitivo e físico e actividades de interconexión e participación coa comunidade. Fixemos coincidir as necesidades das persoas co que é tecnolóxicamente factible.
Esta acción beneficiou a 100 persoas usuarias.
