O centro de día Alzhéimer de Ribeira manterá a súa actividad normal durante todo o mes de agosto. Desta forma pretendemos que as familias poidan ter un ‘respiro familia’. Da mesma forma as persoas usuarias non verán interrumpido o seu ritmo de traballo e as súas rutinas diarias. Esta actividade é posible grazas ao apoio recibido da Deputación da Coruña dentro do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de centros de servizos sociais no ano 2022.
Neste mes o centro de día realiza unha gran cantidade de actividades, como é a Andaina ‘Camiño da Memoria’, unha cita xa consolidada no calendario da vila e que ano tras ano acumula unha maior cantidade de camiñantes. O centro tamén participa en todas as festas da zona especialmente a da dorna, saíndo a desfilar polas rúas.