AGADEA ALZHEIMER presentou en en Santiago de Compostela a I edición do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer. Este certame nace a partir da idea da escritora Ánxela Gracián, quen se puxo en contacto con Agadea para expoñer a necesidade da existencia en galego de textos de calidade literaria pensado para os máis pequenos, coa temática do Alzhéimer, porque a palabra literaria é un dos modos máis directos e claros de establecer uns vínculos necesarios entre nenez e vellez, creando complicidades comprensivas que axuden aos doentes a sobrelevar a enfermidade e aos nenos e nenas a comprendela.
BASES DO PREMIO premer aquí
O premio foi presentado polo secretario xeral de Política Ligüística, Valentín García, quen puxo en valor a potenciación das relacións interxeneracionais e augurou un éxito rotundo do mesmo.
Pola súa banda a presidenta de Agadea, Isabel Gey asegurou que “nesa sociedade avellentada seguimos tendo enfermidades para as que, de momento, non hai solucións definitivas por este motivo cremos necesario propiciar a convivencia e a comprensión das diferentes xeracións dun tema tan delicado como é o Alzhéimer, facéndolles comprender aos os nenos e nenas que está pasando cos avós e avoas, por que esa persoa deixou de ser como era, por que esquece, por que repite a mesma historia varias veces…”
Isabel Gey lembrou que “está demostrado que, coas ferramentas adecuadas, os nenos e nenas posúen unha alta capacidade para entender a enfermidade e adaptarse a ela, desfrutando así da relación cos avós e avoas enfermos».
O premio enraíza no xénero infantil a través da obra referencial e pioneira Chamádeme Simbad do polifacético escritor vigués Francisco Castro, que honra coa súa presidencia este premio que nace hoxe, por ter sentado as bases dunha literatura sobre o Alzhéimer en galego, redimensionando o personaxe de Simbad.
O escritor Francisco Castro confesou sentirse “realmente honrado” de que pensaran nel para este premio. Tras realizar un discurso no que se lembrou na súa nai afectada da enfermide fixo un chamamento aos políticos para que non se esquezan da “linguaxe dos afectos”, referíndose á literatura, a música e destacando iniciativas como ésta de AGADEA.
AGADEA conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, así como coa axuda das respectiva concellerías de Servizos Sociais e Educación dos concellos de Santiago de Compostela, A Estrada, Ribeira, Vedra, Trazo e Teo, poboacións onde prestamos os nosos servizos na actualidade. En representación dos seus respectivos concellos asistiron ao acto, Josefina Suárez, alcaldesa de Trazo, Diana Varela, concelleira de Cultura e Xuventude do concello de Vedra, Mercedes Rosón, primeira tenente de alcalde de Santiago e Amalia Goldar, concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación e da A Estrada. Tamén estiveron presentes usuarios e usuarias, familias e voluntarios da entidade, así como público en xeral.
O cartel do premio conta coa reproducción da obra ‘Muro agrietado’ da artista galega Beatriz S. Sáa, quen o cedou altruistamente para este fin.
CONVOCATORIA
A este certame poderanse presentar todos aqueles textos orixinais e inéditos pertencentes a calquera dos xéneros propios da literatura infantil dende novela, poesía, teatro, álbum ilustrado, banda deseñada e novela gráfica, escritos en lingua galega.
O prazo de presentación de solicitudes iniciase hoxe 24 de marzo e finalizará o día 15 de agosto de 2022. O xurado, formado por profesionais do eido literario, darán a coñecer o seu veredito nunha gala que se celebrará o 21 de setembro, con motivo do Día Mundial do Alzhéimer. O galardón está dotado con 3000 €. AGADEA anunciou que comprará 100 exemplares, para a axuda á edición, que queda aberta a calquera editorial.
BASES DO PREMIO premer aquí