Agadea inaugurou un ciclo de charlas o pasado mércores 23 de febreiro que continuará os próximos días 9 e 23 de marzo. Trátase dun programa dirixido a un público que está a atravesar un momento de dificultade na contorna familiar e que demandan tutorización e apoio durante o seu traballo como coidadores. As sesións de marzo inciden no “ Afrontamento do coidado de maneira positiva” e “Repercusións do traballo de ser coidador”.
Os participantes poderán aproveitar tamén para resolver todas aquelas cuestións que lles inquietan e expor as súas principais demandas. As sesión, de carácter práctico, celébranse nas instalacións de Novo Mercado – Rúa Waldo Álvarez Insua. A asistencia é gratuíta pero, dado que o aforo é limitado, todos os interesados en acudir deberán inscribirse previamente na páxina web da Escola de Saúde de Cidadáns do SERGAS ou a través de Agadea en agadea@agadea.org