Neste mes deron comezo nos distintos centros de AGADEA os talleres de Envellecemento Activo que van dirixidos ás persoas maiores que desexan mellorar e conservar as súas capacidades, tanto físicas como cognitivas.  Estas actividades que teñen un gran éxito entre os maiores permiten retrasar a aparición de doenzas asociadas ao envellecemento.
En Santiago de Compostela lévanse a cabo en colaboración do concello de Santiago. Estes son os seus horarios:

ENVELLECEMENTO ACTIVO.
No Ensanche de Santiago.
LUNS. Hai tres grupos:
17:00 a 18:00
18:00 a 19:00
19:00 a 20:00

Máis información no 647 589 725.

Algúns dos contidos que se tratan durante os talleres de envellecemento activo son os seguintes:

-Promover a actividade deportiva e manter en bo estado a súa saúde física e mental, e á vez, mellorar as relacións sociais foi o seu obxectivo xeral.
Os obxectivos específicos foron os seguintes:
-Fomentar o uso das novas tecnoloxías nos adultos maiores
-Dar apoio e soporte ás persoas usuarias dos servizo 
-Preservar as capacidades cognitivas das persoas usuarias.
-Manter unha saúde óptima a través da realización de exercicio mental.
-Mellorar ou retrasar o deterioro nas áreas cognitivas, linguaxe, entre outras.
-Garantir unha maior calidade de vida das persoas usuarias