As esixencias de coidado continúas prolongadas xeran nas persoas coidadoras e nas familias situacións de estrés que poden derivar en problemas psicolóxicos, físicos e mesmo económicos. A través da ‘Escola de Familias’ que se puxo en marcha en Ribeira preténdese reducir esta problemática e propiciar que a familia poida exercer os coidados sobre o doente pero á vez aumente a súa calidade de vida.
As clases están seguidas por numerosas familias que ademais de apreder da man da psicóloga de AGADEA tamén comparten experiencias con persoas están pasando polos mesmos casos.