Un ano máis o Centro de día Alzheimer de Ribeira pon en marcha a súa ESCOLA DE FAMILIAS, un programa para compartir coñecementos e experiencias de forma que se poida mellorar a vida das persoas usuarias e dos seus coidadores. A inscrición é gratuita e pode realizarse neste teléfono: 672 705 053.
Este programa conta cun total de 16 sesións, dende o 30 de novembro do 2021 ata xuño 2022 no centro de día de AGADEA (Rúa Cardenal Cisneros (entreplanta). As sesións serán impartidas pola psicóloga de AGADEA, Alba Felpete e Miguel Ángel Gómez Vázquez, experto en Mediación Familiar.
As sesións serán os MARTES (dous días ao mes), e cada unha terá unha duración de 1H 30min. O seu horario será de 17.30H-19:00H. As dúas primeiras sesións tratarán sobre a parte máis teórica da enfermidade e por iso serán en días continuos, é dicir, martes 30 de novembro e mércores 1 de decembro. No seguinte tabla resumimos os días e horas das sesións: