No mes de outubro deron comezo nos distintos centros de AGADEA os talleres de Envellecemento Activo e Cultiva o Corpo que van dirixidos ás persoas maiores que desexan mellorar e conservar as súas capacidades, tanto físicas como cognitivas. Estas actividades que teñen un gran éxito entre os maiores permiten retrasar a aparición de doenzas asociadas ao envellecemento.
En Santiago de Compostela lévanse a cabo en colaboración do concello de Santiago. Estes son os seus horarios:
CULTIVA O CORPO
No CABES.
Horarios:
Martes e xoves de 9.30 a 10.30h
Por zoom
Martes e xoves de 18.30 a 19.30h
ENVELLECEMENTO ACTIVO.
No Ensanche de Santiago.
LUNS. Hai tres grupos:
17:00 a 18:00
18:00 a 19:00
19:00 a 20:00
Máis información no 647 589 725.
Proximamente anunciaranse horarios dos talleres para as zonas rurais de Santiago, como Lavacolla e Enfesta, entre outros.