O 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzhéimer, motivo polo cal en AGADEA imos desenvolver un intenso programa de actividades co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre esta ‘epidemia do século XXI’

Un dos proxectos máis queridos é a exposición ‘Retratando en Plata’, unha mostra de 76 retratos de persoas usuarias e persoal de AGADEA realizados de forma altruista por artistas de toda España #retratandoenplata

EXPOSICIÓN RETRATANDO EN PLATA

Santiago de Compostela na Fundación Araguaney do 16 ao 30 de setembro.

Ribeira. Casa do Concello. Do 6 de outubro ao 19 de novembro

Vedra. Centros Sociocultural. Do 24 de novembro ao 3 de decembro

A Estrada. Novo Mercado. Do 8 ao 17 de decembro.

EXPOSICIÓN TECENDO REDES

En Ribeira en outubro no Auditorio. Auditorio de Ribeira (1ªplanta) do 4  ata o 9 de novembro.

MESAS INFORMATIVAS.

Día 21 de setembro en Ribeira, A Estrada, Vedra e Santiago.

CURSO SOBRE ALZHEIMER

Do 6 ao 10 de setembro. 

ANDAINAS VIRTUAIS

Ribeira. 27 de agosto

A Estrada. 24 de setembro

CAMPAÑA DE FAGAL  𝑨𝒍𝒛𝒉𝒆́𝒊𝒎𝒆𝒓 𝑯𝑶𝑿𝑬, 𝒎𝒂𝒏̃𝒂́ 𝒔𝒆𝒓𝒂́ 𝒕𝒂𝒓𝒅𝒆

CELEBRACIÓN RELIXIOSA ORGANIZADA POR VOLUNTARIAS