Agadea achega as terapias non farmacolóxicas ao ruralHoxe estivemos no Concello Trazo ante un numeroso público que escoitou con interese as explicacións do doutor Prieto facéndolle múltiples preguntas sobre o #alzhéimer.O doutor deixou claro que «as demencias non son unha forma de envellecemento normal» e lembrou que cando falamos de demencias non só falamos de #alzheimer polo que «moitas son tratables».Pola súa banda a alcaldesa, Josefina Suárez e a presidenta de Agadea anunciaron a próxima apertura dun Servizo de Estimulación Terapéutica neste concello para atender a todos os veciños/as da zona. Foto: Verónica Barreiro.