Agadea fixo entrega o luns 10 de maio dunha reprodución dos populares cabezudos de Santiago ao alcalde de Santiago Xosé A. Sánchez Bugallo, no Pazo de Raxoi. Agadea quixo ter este detalle con todos os ‘picheleiros’, neste ano tan difícil por mor da pandemia.
O acto contou coa presencia do alcalde, a concelleira de Políticas Sociais María Milagros Castro Sánchez e o concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas Gonzalo Muíños Sánchez. Representando a asociación acudiu a presidenta de Agadea Isabel Gey; traballadoras e usuarios/as dos centros de Santiago: Centro de día Salgueiriños, Servizo de Estimulación do Ensanche, e Servizo de Estimulación de Salgueriños.
Os cabezudos están feitos no taller de laborterapia con papel de periódico, cartón e tea usando a técnica do papel maché. Esta actividade ademais de potenciar a motricidade e a atención, resultou moi emotiva para as persoas maiores xa que os cabezudos forman parte das súas lembranzas nas festas da Ascensión do Apóstolo.
*A xornada levouse a cabo segundo os protocolos Covid establecidos.