O centro de día Salgueiriños, en Santiago de Compostela vén de poñer en marcha un interesante proxecto de Horticultura. Este proxecto, que promove a saúde e benestar a través da ocupación, complétase con outras actividades, como as interxeneracionais, levadas a cabo coa Escola Infantil da Madalena, no concello de Ames.
Entre outras tarefas destacan as seguintes:
- Plantar, sementar, coidar e regar cultivos e plantas.
- Coñecelas propiedades e usos das plantas da nosa horta, explorar e coñecelo calendario adecuado e coidados para cada cultivo e planta.
- Coñecer as ferramentas que se utilizan para o coidado da horta, xardinería e coidado de árbores froiteiras.
- Identificar froitas, flores, plantas e árbores.
Está prevista tamén a preparación dun espazo verde no parque próximo ao centro de día, para plantar e coidar tanto flores de tempada coma algunha árbore froiteira.
O obxetivo final de este proxecto, que foi moi ben acollido entre as persoas usuarias, está fomentar a súa participación e implicación nas actividades, así como sensibilizar á poboación sobre as capacidades das persoas maiores.