Agadea pon en marcha un novo servizo de Acompañamento co obxectivo de que as persoas usuarias disfruten dos beneficios de interactuar con outros grupos de idade, melloren a súa movilidade e mesmo retomen a vida social do barrio. A vez estamos proporcionamos un tempo de ‘respiro’ ás familias.
Contamos cunha rede de VOLUNTARIADO formado esencialmente por estudantes universitarios moi implicados socialmente que amosaron a súa dispoñibilidade para:
Dar un paseo, conversar, compartir un café
Recoller na casa, acompañar á saída das terapias, realizar actividades cotidiás como ir peluquería, ao super…
Saídas culturais: visita a unha exposición, un concerto… ou calquera outra actividade que se considere oportuna.
ACOMPAÑAMENTO PUNTUAL
As familias deben solicitalo con antelación dunha semana.
ACOMPAÑAMENTO PERIÓDICO
As familias deben fixar día e hora para que se realice esta acción de forma periódica.
ACOMPAÑAMENTO TECNOLÓXICO
Solicita unha visita ao teu fogar e prestámosche apoio tecnolóxico para coñecer aplicacións como zoom que che permitirán conectar coa familia, NeuroApp para realizar actividades de estimulación cognitiva ou calquera outra aplicación de utilidade.
O voluntario sempre vai acompañado doutro profesional de AGADEA. Este Acompañamento comeza no Servizo de Estimulación do Ensanche da tarde aínda que pretendemos amplialo segundo as posibilidades.