No Día Mundial do Alzhéimer AGADEA homenaxea á chamada xeración silenciosa, persoas que naceron a principios do século XX e ás que tanto lle debemos.
Así o día 21 de setembro publicárase a película #TodaUnhaVida, na que están colaborando activamente os nosos usuarios/as dos centros de Santiago, A Estrada e Ribeira. Nela voltaremos a vista atrás para lembrar as súas traxectorias vitais.
Este ano, debido a situación de pandemia, evitaremos calquera situación que conleve riscos. Por este motivo non saíran á rúa as Mesas Informativas, nin se levarán a cabo eventos que acumulación de persoas.
Si se participará na campaña #TecendoRecordos de Fagal e ademáis o noso fiel grupo de voluntarias de Santiago manten a misa na igrexa de San Fernando, que se vén celebrando dende hai anos.