O día 11 de setembro Agadea Alzhéimer na Estrada celebrará a súa tradicional Andaina ‘Os Camiños da Memoria’. Esta edición e debido a excepcional situación provocada pola COVID19 terá carácter virtual.

As persoas que desexen participar deberán enviar unha foto ao whatsapp 647 589 725 da súa andaina. Ademais do seu nome deberá indicar a distancia percorrida. As fotos recolleranse ata o día 9 de setembro (inclusive).

O 11 de setembro  publicaremos un vídeo no se dará conta do total de quilómetros percorridos pola Alzhéimer. O hashtag será  #QuilómetrosSolidarios.

Dende Agadea lembramos que todos os participantes nesta andaina virtual deberán respectar as medidas de seguridade sanitaria establecidas pola autoridade competente: máscaras e distancia social.

OPCIONAL. DORSAL SOLIDARIO. Se queres recibir o teu dorsal

1. Incríbete aquí: https://docs.google.com/forms/d/1tQoxYNskb1ZBPi0BjhM97CgR-y7yMgxfnQ231Iq0Jd4/edit

2. Fai unha doación solidaria aquí: http://www.agadea.org.mialias.net/doazons/