O día 21 de agosto Agadea Alzhéimer en Ribeira celebrará a súa tradicional Andaina ‘Os Camiños da Memoria’. Esta edición e debido a excepcional situación provocada pola COVID19 terá carácter virtual.

As persoas que desexen participar deberán mandar unha foto ao whatsapp 647 589 725 que mostre a súa andaina diaria, ben sexa pola rúa, pola praia, no xardín, ou no andar da súa casa. Ademais do seu nome deberá indicar a distancia percorrida. As fotos recolleranse ata o día 18 de agosto. O 21 de agosto  publicaremos un vídeo conmemorativo no se dará conta do total de quilómetros percorridos pola Alzhéimer. O hashtag será  #QuilómetrosSolidarios.

Dende Agadea lembramos que todos os participantes nesta andaina virtual deberán respectar as medidas de seguridade sanitaria establecidas pola autoridade competente: máscaras e distancia social.

Aquelas persoas que o desexen tamén poderán obter o seu Dorsal Solidario facendo unha doazón en www.agadea.org

Dende o ano 2016 a nosa entidade, que xestiona o Centro de día Alzhéimer e o Centro de Estimulación Terapéutica atendendo a máis de cen familias da zona, vén celebrando esta Andaina cun gran éxito de público. Só o ano pasado participaron 300 persoas nunha xornada na que se uniu o deporte coa solidariedade.

Con este mesmo espírito, Agadea organiza esta quinta edición da Andaina Os Camiños da Memoria animando aos usuarios, familiares e a sociedade civil do Barbanza a participar activamente.

MANDAR FOTO AO WHATSAPP: 647 589 725

INSCRICIÓN SOLIDARIA PARA RECIBIR DORSAL SOLIDARIO NESTE ENLACE:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSflq_ZN29SFi0M7nQhbtdjbFqdZJKHOMsjkFVZFMFVMJJUKXg/viewform

DOAZÓN NESTE ENLACE:

http://www.agadea.org.mialias.net/doazons/